Centro asistencial Vilagarcía de Arousa

A túa mutua
Vilagarcía de Arousa

Asepeyo é unha Mutua Colaboradora coa Seguridade Social con máis de 100 anos de experiencia, dedicada á asistencia sanitaria do accidente laboral, a enfermidade profesional e a xestión da incapacidade temporal por continxencias comúns.

Para responder integralmente ás necesidades das nosas empresas e traballadores protexidos, dispoñemos de máis de 380 puntos de asistencia repartidos por todo o territorio nacional. Fieis a esta filosofía de proximidade, o centro asistencial en Vilagarcía de Arousa complementa a nosa rede propia de 8 centros asistenciais en Galicia.

Desde a década dos 70 formamos parte activa do tecido empresarial de Vilagarcía de Arousa. Desde entón, ampliamos os nosos servizos para prestar a mellor asistencia sanitaria a un colectivo que hoxe suma máis de 1.000 empresas e 9.000 traballadores.

Instalacións e servizos

Ampliamos instalacións e servizos

As novas instalacións de máis de 690 m² supoñen un avance en sustentabilidade e eficiencia enerxética, seguindo o noso compromiso co medio ambiente. Situadas nunha zona estratéxica do municipio e de fácil acceso, están adaptadas para pacientes con mobilidade reducida e contan coa última tecnoloxía dixital ao servizo do usuario, para asegurar a mellor atención sanitaria aos traballadores e un servizo integral ás empresas.

  • Asistencia sanitaria e urxencias: Servizo de urxencias e consultas médicas, potenciado por un equipo dixital de diagnose por imaxe de última xeración.
  • Telemedicina avanzada y telepsiquiatría: Os nosos especialistas atenden directamente o paciente cun sistema de videoconferencia adaptado á consulta médica, e reciben apoio de diagnóstico clínico dos Hospitais de Coslada (Madrid) e San Cugat (Barcelona).
  • Rehabilitación e fisioterapia: Sala de 165 m² provista de luz natural, para ofrecer ao paciente as técnicas máis adecuadas ao seu tratamento. Conta con 3 cabinas, equipos de ultrasóns, magnetoterapia, electroterapia, hidroterapia, microondas e onda curta.
  • Administración e dirección:Admisión e tratamento especializado para accidentados leves e graves, ademais da tramitación dos casos de continxencias comúns.
  •  Tecnoloxía dixital ao servizo do usuario: Conexión Wifi en toda a instalación e sinatura biométrica do paciente para garantir a seguridade dos procesos.

Coidamos de ti

Accidente de traballo e enfermidade profesional

Respondemos de forma integral ás necesidades das empresas e traballadores protexidos:

  • Asistencia sanitaria e fisioterapia: Asistimos aos accidentados desde a primeira atención de urxencias ata a intervención cirúrxica e a rehabilitación.
  • Prestacións económicas: Encargámonos do pago das prestacións económicas derivadas das baixas.
  • Asistencia social: Apoiamos a recuperación dos traballadores con axuda económica e social, a través da nosa Comisión de Prestacións Especiais.
  • Prevención de riscos laborais: Asesoramos ás empresas para mellorar a súa actividade preventiva e crear espazos máis saudables.

Continxencia común

Ademais de xestionar a prestación económica da baixa por enfermidade, colaboramos en todo o proceso de control e seguimento da baixa. Dispoñemos dun equipo sanitario especializado na xestión do absentismo das empresas e expertos na tramitación da prestación económica derivada dos procesos de baixa por continxencia común.

Outras prestacións de interese

Xestionamos a prestación por risco durante o embarazo e/ou a lactación natural, e a do coidado do menor con cancro ou enfermidade grave.

Se es traballador autónomo

Ocupámonos da túa cobertura principal por enfermidade común e accidente non laboral, así como da enfermidade profesional e do accidente laboral. Ademais, se cesas temporal ou definitivamente na túa actividade, encargámonos da túa prestación.

Resolvemos as túas dúbidas

O servizo de atención a pacientes e persoas usuarias, no 910 504 390 e a web www.asepeyo.es responden as túas dúbidas, ademais de ofrecer información detallada da nosa rede asistencial propia, priorizando os centros máis próximos ao usuario.

Estamos sempre contigo, as 24 horas. Con Asepeyo empresas, consulta os teus casos de baixa e diferenzas de cotización ou envía volantes de asistencia. Os traballadores tamén poden axilizar os seus trámites coa app a mi Asepeyo. Tamén podes contactar no noso chat en liña ou nas redes sociais.

Teléfono de urxencias 24 horas

Na liña 24 horas 900 151 000 proporcionamos ao accidentado atención telefónica medicalizada e, en caso de gravidade, un servizo de ambulancia.

Situación e accesos

Dirección

Av. Rodrigo de Mendoza, 26-28, 36600 Vilagarcía de Arousa

Teléfono

910 504 390

E-mail

vilagarciadearousa@asepeyo.es

Como llegar

Estamos preto de ti

Servizo 24 horas e festivos

PONTEVEDRA

HOSPITAL MIGUEL DOMÍNGUEZ

Fray Juan Navarrete, 9, 36001 Pontevedra

Servizo 24 horas e festivos

A CORUÑA

POLICLÍNICA LA ROSALEDA

Santiago León de Caracas, 1, 15701 Santiago de Compostela

De luns a venres, de 8 a 15.30 h

A CORUÑA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Av. Barcelona, 27, 15708 Santiago de Compostela

Servizo 24 horas e festivos

VIGO

HOSPITAL POVISA

Rúa Salamanca, 5, 36211 Vigo

De luns a venres, de 8 a 18 h

PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Av. de Vigo, 34, Edificio Oriente, 36003 Pontevedra